Este centro realiza e participa, á súa vez, en múltiples actividades, especialmente nos programas que anualmente convoca a Consellería de Emigración como son:

  • Cursos de lengua e literatura galega
  • Cursos de extensión cultural
  • Cursos de danza e música tradicional
  • Cursos de especialización en Galicia
  • Actividades de campamento “Rotas coñece Galicia”
  • Reencontros- Cursos de informática
  • Achega de fondos bibliográficos
  • Achega de material deportivo cos símbolos de Galicia

Conta cunha publicación periódica de gran tirada: a revista “Galicia en Mar del Plata”, editada polo Instituto Argentino de Cultura Gallega; e tamén cun programa de radio “Ventana a Galicia”.

Entre as súas actividades tamén cabe destacar o evento cultural que cada ano se celebra en beneficio da municipalidade, distribuindo todo o recaudado entre os máis necesitados; e a cea anual en beneficio do Hogar Gallego de Ancianos de Domselaar. Nestes actos e moitos outros que organiza o centro e habitual a participación do seu grupo artístico.

En outubro do ano 2004, e auspiciado polo Centro Gallego, proxectouse no Museo del Mar da cidade a longametraxe documental da cinematografía galega “Castelao y los Hermanos de la Libertad”, escrito, dirixido e producido por Xan Leira.

O presidente do Centro Galego, D. Francisco Solla Crespo, asistiu ó VII Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrado en Bos Aires no mes de novembro de 2003, e participou como ointe na ponencia nº 1: Asistencia social a emigrantes galegos e retornados.